CABO DE CRUZ:
Ver mapa más grande
O Concello de Boiro pertencente a provincia de A Coruña, está situado na parte sudoeste da mesma, na marxe Norte da asocairada Ría de Arousa.
Ver mapa más grande
A Parroquia de Sta. María do Castro ten unha superficie de 392 Has. e alberga no seu conxunto unha poboación de perto de 3.000 habitantes (arredor dunhas 750 familias) das que a maioría conforman o núcleo de Cabo da Cruz. Das oito parroquias que conforman o término municipal, e a que acusa unha maior densidade poboacional, feito que se ve incrementado durante as épocas vacacionais, debido á grande afluencia de visitantes que se achegan a disfrutar das múltiples posibilidades que o entorno lles ofrece.
Goza dunha situación económica que poderíamos calificar de moderadamente boa, propiciada se cadra polo crecemento nos últimos anos do sector marítimo –pesca, marisqueo e acuicultura-: apróximadamente un 90% da poboación da parroquia vivie vinculada ó mar, ben directamente (sector extractivo) ou indirectamente (sector transformador).
A importancia do mar no progreso e avance económico do Cabo de Cruz vese reflectido nas diversas Asociacións Profesionais e Empresariais radicadas no Porto do Cabo da Cruz: Cofradía de Pescadores, Agrupación de Productores Mexilloeirosde Cabo de Cruz (ASPROMECRUZ), Asociación de Productores Mixilloeiros Ría de Barraña (AMEBARRAÑA), Asociación de Mexilloeiros “A BOIRENSE”.
Con preto dos 20.000 habitantes, sitúase como o segundo concello máis poboado, -Riveira é o primeiro-, dos oito que integran a bisbarra da Barbanza, sendo o terceiro en extensión con 86,15 Km2 detrás de Porto do Son e Lousame e por diante de Riveira, Noia, Rianxo, A Puebla do Caramiñal e Dodro.
TURISMO
HISTORIA
GASTRONOMÍA
...............